Lorenzo Bescansa, o Branco Lexítimo

cab big IMG_8907

Desde 2003, Adegas Lorenzo Bescansa ven elaborando o seu viño branco, con cepas de Branco Lexítimo, en terras de Betanzos e sobre as ribeiras dos ríos Mandeo, Mendo e Marulo. O Branco Lexítimo, verdadeira xoia que comeza agora a descubrirse, combínase sobre o terreo con Agudelo.

O Lorenzo Bescansa 2012, austero, mineral e serio, é un branco pouco común que combina uvas de Branco Lexítimo e un 15% de Agudelo procedentes de cinco pequenas parcelas na zona de Bretanzos, provincia da Coruña, no norte de Galicia. Fiquei realmente impresionado por este branco fabuloso que ven dunha zona completamente esquecida que mestura notas de brisa mariña, pedernal, fiúncho e pedras moídas que me fixeron pensar nalgúns brancos de Bairrada (Quinta das Bageiras). O paladar é de medio corpo, dúctil, salgado, mineral, con marcada acidez e un toque final a terra, un viño que ten máis co solo e co mar que coas froitas. Con tempo, vólvese más centrado e desenvolve aromas de flores secas e de camomila que son moi elegantes. Este é un viño de carácter, realmente, unha sorpresa agora asequible e perfeita con mariscos ben iodados. Porén, dada a súa mineralidade e acidez, sorprenderiame que, pouco a pouco, non desenvolvese unha maior complexidade en botella. Bravo!

A cita anterior procede da reseña de Robert Parker (www.erobertparker.com/), publicada en xaneiro de 2015,  e asinada polo seu catador Luís Gutiérrez.